Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

O xoves abre o prazo de inscrición para un novo curso de tablets e móbiles para maiores

O xoves 21 de febreiro abre o prazo de inscrición para un novo curso de iniciación no "Manexo de tablets e móbiles", dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. O curso ten unha duración de 16 horas, en 8 sesións de 2 horas cada unha, de luns a venres pola tarde no Centro Municipal de Formación en Os Regos, os días 11, 12, 13, 14, 15, 20, 21 e 22 de marzo.

O concurso de disfraces da Festa do Entroido de Oleiros repartirá 4.700 euros en premios

O venres 1 de marzo vai festexarse o día grande do Entroido de Oleiros cunha grande festa, a partir das 19:00 horas, na Polideportiva Arsenio Iglesias de Santa Cruz, a carón do colexio Parga Pondal. Nesta Festa do Entroido, como é habitual, non faltará o tradicional chocolate con churros, o concurso de disfraces, a espectacular actuación sorpresa a cargo da Compañía Municipal de Teatro e a orquestra Os Satélites.

A programación do Apego comeza con Cóntame un conto

A programación do Apego volve a Oleiros e chega cun obradoiro para contar contos da man de Ramiro Neira. Nesta primeira actividade o contador dará ferramentas para narrar historias infantís ás nais, aos pais e a todas aquelas persoas que o desexen.

Turma Caipira ofrece un concerto o sábado na Fábrica

Este sábado continúa o VI Ciclo de Música Voces Cálidas para noites de Inverno cun concerto do grupo Turma Caipira, no centro cultural A Fábrica, en Perillo, ás 20:30 horas. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 2,50 euros.

O Concello organiza unha visita guiada á exposición Castelao Maxistral

Dentro do programa municipal Oleiros vai de museo, o Concello organiza para o sábado 23 de febreiro unha visita guiada ao Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura para coñecer a exposición 'Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra'. A actividade é gratuíta e o prazo de inscrición abre mañá martes 12 de febreiro.

Obradoiro de Entroido no Museo Os Oleiros

O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para unha nova edición dun obradoiro no que as persoas que participen aprenderán a facer as súas propias cornetas ou bucinas para facer barullo no Entroido, do mesmo xeito que se facían nas olerías galegas de Buño e Bonxe. A actividade vai dirixida a todos os públicos e ten unha duración de tres xornadas, 16 e 23 de febreiro e 2 de marzo.

O IES Miraflores organiza o III Congreso da Axencia espacial escolar galega

O Auditorio Gabriel García Márquez de Mera acollerá o vindeiro 11 de febreiro a terceira edición do Congreso NOSA, no que participarán preto de 300 estudantes de diversos institutos de toda Galicia. O profesorado e o alumnado do IES Miraflores, coa colaboración do Concello, organizan este evento, no que se analizarán os datos extraídos a partir do envío dunha cápsula á estratosfera o pasado curso.

O Concello de Oleiros apoia a manifestación en defensa da sanidade pública convocada para o domingo

SOS Sanidade Pública ten convocada para este domingo unha manifestación en defensa do sistema sanitario público de Galicia. A marcha partirá ás 12:00 horas da Alameda de Santiago de Compostela e contará co apoio do Concello de Oleiros.

Iria Estévez actúa o sábado na Fábrica

Iria Estévez actúa o sábado na Fábrica

A cantante galega Iria Estévez ofrece un concerto este sábado no centro cultural A Fábrica, en Perillo, ás 20:30 horas, dentro do VI Ciclo de Música Voces Cálidas para noites de Inverno. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 2,50 euros.

Abre o prazo para inscribirse nas prazas vacantes de Ocioleiros

Aquelas persoas que estaban anotadas nunha actividade e quedaron fóra no sorteo dispoñen dos días 6 e 7 de febreiro para inscribirse naquelas actividades nas que existan prazas vacantes. O horario de atención será de 8:00 a 15:00 horas na Fábrica, e as inscricións serán cubertas por orde de chegada.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza