|
Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER | |
O Concello require ás empresas o urxente restablecemento dos servizos de telecomunicacións
Debido ás guerras comerciais entre as empresas de telecomunicacións, numerosos veciños e veciñas de Oleiros están a sufrir continuos cortes nos servizos de internet, teléfono e televisión nos seus domicilios. Ante esta situación e mentres non se resolvan por completo as avarías, o Concello de Oleiros paralizará todos os traballos que as empresas pretendan realizar nas arquetas de propiedade municipal.
Debido ás guerras comerciais entre as empresas de telecomunicacións, numerosos veciños e veciñas de Oleiros están a sufrir continuos cortes nos servizos de internet, teléfono e televisión nos seus domicilios. Ante esta situación e mentres non se resolvan por completo as avarías, o Concello de Oleiros paralizará todos os traballos que as empresas pretendan realizar nas arquetas de propiedade municipal. A Orquestra Sinfónica e a Escola de Danza municipais actúan o domingo no parque da Lagoa
A Orquestra Sinfónica da Escola Municipal de Música, co acompañamento do ballet da Escola Municipal de Danza, actúan este domingo 29 de maio, ás 12:30 horas, no parque da Lagoa de Mera.
A Orquestra Sinfónica da Escola Municipal de Música, co acompañamento do ballet da Escola Municipal de Danza, actúan este domingo 29 de maio, ás 12:30 horas, no parque da Lagoa de Mera. O sábado cortarase a estrada de acceso a Mera para o XXXII Tríatlon Concello de Oleiros
O vindeiro sábado 28 de maio celébrase o XXXII Tríatlon Concello de Oleiros, no que competirán 200 deportistas. Para o desenvolvemento desta competición deportiva será preciso cortar o tráfico da estrada xeral de acceso a Mera (AC-173), entre as 16:00 e as 18:00 horas aproximadamente.
O vindeiro sábado 28 de maio celébrase o XXXII Tríatlon Concello de Oleiros, no que competirán 200 deportistas. Para o desenvolvemento desta competición deportiva será preciso cortar o tráfico da estrada xeral de acceso a Mera (AC-173), entre as 16:00 e as 18:00 horas aproximadamente. Rouban 2 árbores do Parque Natural do Bosque de Xaz
A pasada fin de semana roubaron 2 picotas do Parque Natural Bosque de Xaz, recentemente plantadas na zona máis próxima á estrada Dorneda-Oleiros. O Concello de Oleiros solicita colaboración cidadá por se fose posible detectar a persoa responsable.
A pasada fin de semana roubaron 2 picotas do Parque Natural Bosque de Xaz, recentemente plantadas na zona máis próxima á estrada Dorneda-Oleiros. O Concello de Oleiros solicita colaboración cidadá por se fose posible detectar a persoa responsable. Música de cámara, violín e piano este sábado na Fábrica
O sábado 28 de maio, ás 20:00 horas, Stefan Marinescu e Julio Mourenza protagonizarán un recital de música de cámara, violín e piano no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta e repartiranse convites a partir das 19:30 horas.
O sábado 28 de maio, ás 20:00 horas, Stefan Marinescu e Julio Mourenza protagonizarán un recital de música de cámara, violín e piano no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta e repartiranse convites a partir das 19:30 horas. Xurxo Mares presentará o xoves Donde se vive e Bailando el agua nas Torres de Santa Cruz
O teatro das Torres de Santa Cruz acolle o vindeiro xoves 25 de maio, ás 20:00 horas, a presentación das obras Donde se vive e Bailando el agua de Xurxo Mares. Ademais do propio autor, na presentación intervirá a escritora María G. Cotelo.
O teatro das Torres de Santa Cruz acolle o vindeiro xoves 25 de maio, ás 20:00 horas, a presentación das obras Donde se vive e Bailando el agua de Xurxo Mares. Ademais do propio autor, na presentación intervirá a escritora María G. Cotelo. O sábado celébrase o XXXII Tríatlon Concello de Oleiros coa participación de 200 deportistas
O vindeiro sábado 28 de maio celébrase o XXXII Tríatlon Concello de Oleiros, no que competirán 200 deportistas das categorías júnior, xuvenil, sub 23, absoluto, veterano 1, veterano 2 e veterano 3. A proba celebrarase en Mera e comezará ás 16:00 h.
O vindeiro sábado 28 de maio celébrase o XXXII Tríatlon Concello de Oleiros, no que competirán 200 deportistas das categorías júnior, xuvenil, sub 23, absoluto, veterano 1, veterano 2 e veterano 3. A proba celebrarase en Mera e comezará ás 16:00 h. Contacontos na biblioteca de Lorbé este xoves
O xoves 26 de maio, ás 18:30 horas, realizarase o contacontos Irene nos Andes na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño en Lorbé. A actividade está dirixida a nenas e nenos maiores de 6 anos.
O xoves 26 de maio, ás 18:30 horas, realizarase o contacontos Irene nos Andes na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño en Lorbé. A actividade está dirixida a nenas e nenos maiores de 6 anos. Constrúense columbarios nos cemiterios municipais
Creáronse 116 columbarios para urnas de cinzas nos cemiterios municipais de Nós, Liáns e Dorneda. Existe unha importante demanda por parte dos veciños ante o incremento da cremación en lugar do enterro convencional. Está aberto o prazo para adquirilos
Creáronse 116 columbarios para urnas de cinzas nos cemiterios municipais de Nós, Liáns e Dorneda. Existe unha importante demanda por parte dos veciños ante o incremento da cremación en lugar do enterro convencional. Está aberto o prazo para adquirilos Cortes de circulación no centro de Mera con motivo das obras de renovación da rede de auga
A partir do vindeiro martes día 24 de maio, procederase á renovación da rede de abastecemento de auga en varias rúas do centro de Mera. O primeiro corte de circulación realizarase na rúa Doutor Fleming, polo que o tráfico quedará desviado pola rúa Parameiras e a rúa Xúpiter.
A partir do vindeiro martes día 24 de maio, procederase á renovación da rede de abastecemento de auga en varias rúas do centro de Mera. O primeiro corte de circulación realizarase na rúa Doutor Fleming, polo que o tráfico quedará desviado pola rúa Parameiras e a rúa Xúpiter. |