Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

Mera acolle o sábado unha regata de traiñeiras

O vindeiro sábado día 15 de decembro, ás 16:30 horas, celebrarase unha regata de traiñeiras na baía de Mera. A continuación haberá unha charla sobre valores ambientais do Golfo Ártabro Sur e boas prácticas no Local Social de Maianca, sobre as 18:30 horas.

Pablo Díaz presenta o seu disco Coas miñas mans en Oleiros

O sábado 15 de decembro Pablo Díaz presenta o concerto do seu disco Coas miñas mans en Oleiros. O espectáculo terá lugar na Fábrica ás 18.30 horas e para asistir é preciso reservar as entradas escribindo un correo a lingua@oleiros.org dando os seguintes datos: nome da nena ou neno, idade, nome da persoa acompañante, teléfono e correo electrónico e indicar se a familia está inscrita no Apego de Oleiros.

Todas as corais do municipio participan o domingo no tradicional Concerto de Nadal

O domingo ás 19:30 horas celébrase o Concerto de Nadal de Corais do municipio no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A Coral Polifónica de Mera, a Coral Polifónica Airiños de Nós, a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz, o Coro Tradicional Dorna e o Coro de Oleiros interpretarán diversas panxoliñas e unha última peza conxunta. Ademais, o Coro de Voces Brancas da Escola Municipal de Música abrirá a xornada.

O acto de entrega do II Premio fotográfico María José Cayado será o venres na Fábrica

O venres 14 de decembro, ás 19:00 horas, terá lugar o acto de entrega dos distintos premios do Concurso de Fotografía Vén e Descubre "Mª José Cayado" (Cheché) no Auditorio da Fábrica. Ademais, presentarase unha nova publicación elaborada polas persoas que acoden aos talleres de memoria.

O xoves cortarase a auga en varias rúas de Santa Cruz, entre as 9 e as 2 do mediodía

Debido ás obras de renovación da rede principal de abastecemento de auga de Santa Cruz, o vindeiro xoves 13 de decembro será preciso realizar un corte na subministración que afectará a varias rúas da localidade. Está previsto que está situación se prolongue de 9:00 horas a 14:00 horas.

A Fábrica acolle unha mostra de pintura de Marina Matskova

O centro cultural A Fábrica acollerá a partir do mércores día 12 de decembro a exposición Escrituras sobre as pedras da artista Marina Matskova. O acto de inauguración será mañá mércores, ás 20:00 horas.

Contratadas as obras das rúas Xuncal e Avelino Cachafeiro

O Concello de Oleiros adxudicou dúas importantes obras que se realizarán nas localidades de Perillo e Nós. O importe total dos dous proxectos contratados ascende a 181.209,50 euros.

O Concello oferta 4 cursos de formación para persoas en situación de desemprego

A Xunta de Galicia concedeulle ao Concello de Oleiros unha subvención de 202.282,80 euros para a realización de cursos de formación para persoas en situación de desemprego. En total ofertaranse 4 programas formativos que comezarán no mes de xaneiro.

A biblioteca de Santa Cruz acolle o xoves unha sesión dobre de contos infantís

O vindeiro xoves día 13 de decembro a Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz acolle unha dobre sesión de contos de nadal para nenos e nenas de 1 a 8 anos. Para os máis pequenos, a actividade comezará ás 18:00 horas. Para os maiores de 4 anos será ás 18:30 horas.

O Concello inicia unha campaña de cooperación para os nenos e nenas sirios refuxiados en Grecia

Entre os días 11 e 18 de decembro o Concello de Oleiros desenvolverá unha campaña de recollida de produtos de hixiene e alimentos para nenos e nenas sirios refuxiados en Grecia. As entregas poderán realizarse nos centros educativos, na Casa do Concello, na Fábrica e nas farmacias do municipio.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza