Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

O Concello inicia os trámites de contratación da nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil

O Concello de Oleiros iniciou os trámites de contratación da obra de adecuación das naves municipais de Iñás que albergarán a nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil. O prezo de licitación rolda os 300.000 euros.

O Concello de Oleiros oferta un curso de formación para a atención sociosanitaria de persoas dependentes

O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo acollerá un curso de formación para a atención sociosanitaria de persoas dependentes en institucións sociais dirixido a mozos e mozas en situación de desemprego inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O alumnado terá un módulo de prácticas profesionais en empresas e ao remate do curso recibirá un certificado de profesionalidade.

A última semana de novembro retómase a construción da cuberta no parque da Lagoa

O vindeiro luns 27 de novembro está previsto que se retomen os traballos de construción da cuberta no parque da Lagoa de Mera, unha vez estean rematados todos os trámites administrativos para poder reiniciar a obra. Debido aos erros do proxecto, a empresa que o redactou terá que asumir os incrementos económicos precisos para poder construír a cuberta que superan os 30.000 euros.

Uns 50 nenos e nenas participarán este sábado na Alfombra Máxica

As actividades do Apego volven a Oleiros este sábado cunha proposta de libre experimentación para os bebés de 0 a 3 anos a través dunha alfombra táctil, sonora e olfactiva onde as crianzas se mergullarán nunha viaxe sensorial. Descubrirán o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear…

A comedia Ubú Rei represéntase o sábado en Mera

A compañía Talía Teatro presenta o sábado ás 20:30 horas no auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Ubú Rei, escrito por Alfred Jarry e dirixido por Roberto Salgueiro. O elenco de actores e actrices fórmano Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo, Marta Ríos, Rubén Prieto e David Creus.

O Concello de Oleiros fai un chamamento ao consumo responsable de auga

Ante a situación de risco de seca que se está a vivir na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa e ante a posibilidade de que nos próximos meses empeore a situación pola falta de choiva, o Concello de Oleiros fai un chamamento a todos os veciños e veciñas para que realicen un consumo responsable da auga.

Comezan as obras de reforma do novo local municipal de Mera

O Concello de Oleiros iniciou as obras de remodelación do local recentemente adquirido na praza da Lagoa, en Mera. Está previsto que os traballos se prolonguen durante as vindeiras semanas para que as entidades da localidade poidan desenvolver as súas actividades nesta instalación pública.

Inícianse os traballos de ampliación do paseo da ría

O Concello de Oleiros comezou os traballos de ampliación do paseo da ría na zona de Beiramar. Unha vez rematen estas obras o actual paseo chegará ata a rúa dos Sauces.

O Concello rehabilitará o edificio das antigas escolas de Río da Loba

O Concello de Oleiros iniciou os trámites para a contratación das obras de mellora do edificio das antigas escolas de Río da Loba que utilizan a Agrupación Folclórica Folliñas e a Asociación de Amas de Casa. O investimento que se vai realizar ascende a 56.000 euros.

A brigada de asfaltados municipais contará cun novo camión

O Concello de Oleiros vai asinar un convenio coa Deputación da Coruña para financiar a adquisición dun novo camión para a realización de asfaltados de rúas e camiños de titularidade municipal. O custo do vehículo supera os 120.000 euros.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza