As bibliotecas municipais celebran o Día do Libro con numerosas actividades
As bibliotecas públicas municipais de Oleiros organizan con motivo do Día do Libro numerosas actividades de fomento e promoción da lectura entre todos os veciños e veciñas. O 23 de abril é unha celebración internacional promovida pola UNESCO para render unha homenaxe universal ao libro e aos seus autores e autoras.

As casas da mocidade de Oleiros promoven actividades ao aire libre para a mocidade
Medio centenar de mozos e mozas oleirenses participaron nas actividades de sendeirismo organizadas desde as casas da mocidade a pasada fin de semana. Un dos grupos percorreu a 4ª etapa do Camiño dos Faros, desde Laxe ata Arou, e o outro fixo unha ruta polo Monumento Natural da Costa de Serantes-Dexo.

O Concello segue a defender ante o Ministerio as veciñas e veciños afectados pola pegada sonora
O Concello de Oleiros mantivo unha reunión con representantes da Dirección Xeral de Aviación Civil do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, na que tamén participaron os concellos de Culleredo e Cambre. Na xuntanza tratáronse diversas cuestións relativas ao Plan Director do Aeroporto da Coruña, servidumes aeronáuticas, servidumes acústicas e as alegacións presentadas.

O Festival Elas son Artistas trae a Oleiros a actuación de Mabel Flores, este sábado no Auditorio da Fábrica ás 20:00 horas. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:00 horas, a 3,50 euros.

O Concello destinará 10.000 euros para deportistas oleirenses que participan en competicións estatais e internacionais
Os equipamentos deportivos públicos do Concello de Oleiros propician que cada vez sexan máis os e as oleirenses que logran importantes triunfos en competicións estatais e internacionais. Para axudar a estas persoas, o Concello destinará 10.000 euros a subvencionar os gastos derivados da asistencia ás competicións, e que en moitos casos teñen que asumir os propios deportistas e as súas familias.

O Auditorio Gabriel García Márquez acolle o venres un espectáculo de danza da compañía Kirenia
A compañía Kirenia Danza presenta este venres día 23 de abril, ás 20:00 horas, o espectáculo Os coidados: primeiro a vida. A autoría, coreografía e dirección é obra de Kirenia Martínez e o equipo artístico está formado por Xoel Álvarez e Esther Latorre, con Branca Novoneyra na asistencia coreográfica.

Teatro infantil para maiores de 3 anos, este domingo na Fábrica
O domingo 25 de abril ás 12.00 h terá lugar na Fábrica a obra Aibo. Este espectáculo está recomendado para maiores de 3 anos e forma parte da programación do Apego.

Comeza a programación das Letras cun obradoiro literario con Antía Otero
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros organiza un obradoiro de creación literaria a partir da obra de Xela Arias, titulado Neste lenzo imaxinado e suxestivo. O obradoiro estará impartido pola escritora Antía Otero. O curso será os martes 27 de abril, 4, 11 e 18 de maio, de 19.00 h a 21.00 horas.

O Concello volve denunciar o retraso no inicio da obra de Sol y Mar
O Concello de Oleiros está a demandar o inmediato inicio das obras de construción dunha rotonda en superficie e un túnel inferior na N-VI ao seu paso por Perillo, na zona coñecida como Sol y Mar. Representantes municipais mantiveron unha reunión coa Demarcación de Estradas na que demandaron o inmediato inicio desta importante obra para a mellora da mobilidade do conxunto da comarca.

As casas da mocidade organizan unha charla en liña sobre sexting
O vindeiro luns 19 de abril, ás 19:00 horas, a sexóloga Jeane Costa dará unha charla en liña sobre sexting. Todas aquelas persoas interesadas poderán conectarse a través da páxina de Instagram das casas da mocidade @centrosmocidadeoleiros.