Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

O Concello de Oleiros multará a Gas Natural Fenosa por obstrución da vía pública

O Concello de Oleiros procederá a sancionar economicamente a Gas Natural Fenosa se non retira o poste que se atopa no medio da beirarrúa na avenida Francisca Herrera. No caso de que a compañía non realice o soterramento dos cables e quite o poste terá que afrontar unha multa de 1.000 euros cada tres meses.

Conclúe a ampliación da Casa do Pobo de Mera

Finalizaron as obras de ampliación da Casa do Pobo de Mera. Entre outras actuacións, construíuse unha nova sala para que se poidan realizar de maneira simultánea varias actividades.

A Banda Orquestra Sinfónica de Oleiros actúa mañá no Auditorio Gabriel García Márquez

A Banda Orquestra Sinfónica do Concello de Oleiros ofrecerá un concerto mañá mércores a partir das 20:00 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. Todas aquelas persoas que asistan a este evento musical poderán escoitar obras dunha elevada calidade.

O Ministerio de Fomento volve enganar aos veciños de Oleiros e da comarca

O Ministerio de Fomento non contratará a obra de Sol y Mar, polo menos ata finais do 2018. Baixo a escusa de que van modificar o proxecto, a partida de 2,1 millóns incluída nos orzamentos do Estado para iniciar a obra no 2017 non será executada.

Os interesados en explotar o bar da casa do pobo de Montrove poderán facelo por 400 euros ao mes

Todas aquelas persoas interesadas en traballar o café-bar que hai na casa do pobo de Montrove poden alugalo por 400 euros mensuais. O arredantario está exento do pago do IBI, da luz, da auga e da recollida do lixo.

O Concello de Oleiros ten preparado un amplo dispositivo para a noite de San Xoán

O Concello de Oleiros ten preparado para mañá un importante despregamento para evitar a contaminación das praias e impedir posibles incidentes. Policía Local, Protección Civil, Servizo Municipal de Emerxencias, socorristas e operarios de limpeza, ademais dos axentes da Garda Civil, traballarán arreo durante toda a noite.

A Fábrica acolle a mostra dos traballos da Escola Municipal de Artes Plásticas

Esta tarde, ás 20:00 horas, procederase á inauguración da mostra dos traballos realizados polo alumnado da Escola Municipal de Artes Plásticas. A exposición poderá visitarse ata o día 27 de xuño. O horario de luns a venres é de 9:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:30 horas. Os sábado permanecerá aberta de 10:00 a 13:30 horas.

Facenda Municipal comeza a prestar servizo no novo edificio situado no centro de Oleiros

Entre hoxe e mañá completarase a apertura da nova sede da Facenda Municipal quedando situada no centro de Oleiros, no número 3 da avenida Francisca Herrera, no edificio adquirido ao Banco Popular. As instalacións que viñan prestando servizo ata agora, nas inmediacións da rotonda de Santa Cristina, pecharán definitivamente.

Máis de 200 deportistas participarán no IV Trofeo Concello de Oleiros de ximnasia rítmica

Mañá sábado, a partir das 10:00 horas, o pavillón municipal da Rabadeira acolle a cuarta edición do Trofeo Concello de Oleiros de ximnasia rítmica. Máis de 200 deportistas participarán nesta competición.

O Concello porá leña a disposición dos veciños e veciñas para evitar a contaminación das praias

O Concello porá 100 metros cúbicos de madeira a disposición dos veciños e veciñas que queiran facer as súas fogueiras de San Xoán nas praias para evitar a contaminación da area con puntas, resortes e outros obxectos que poden ocasionar tanto contaminación medioambiental como danos físicos ás persoas usuarias dos areais.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza