Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

O luns abre o prazo de inscrición para o Concurso de disfraces do Entroido municipal

O vindeiro luns 22 de xaneiro abre o prazo de inscrición para o tradicional concurso de disfraces da festa de Entroido que organiza o Concello de Oleiros. O evento, que será o venres 16 de febreiro, despois do Martes de Entroido e xusto o día anterior ao Sábado de Piñata, é un clásico na comarca nestas datas debido á elevada participación.

O Concello de Oleiros demanda ao Ministerio de Fomento que inclúa no proxecto de Sol y Mar a reposición das infraestruturas públicas afectadas

O Concello de Oleiros envioulle ao Ministerio de Fomento un documento no que se demanda que o proxecto para a construción dun túnel na intersección de Sol y Mar inclúa a reposición de todas as infraestruturas públicas que van verse afectadas.

O Concello de Oleiros renovará a sinalización das fontes naturais

Os carteis informativos das preto de 20 fontes que existen no Concello de Oleiros con auga procedente de mananciais naturais serán renovados na próxima semana co fin de que a poboación poida distinguilas das que teñen auga da traída. Unha nova sinal indicará que se trata de "auga sen garantía sanitaria".

O pleno municipal aproba definitivamente o orzamento do Concello de Oleiros

O pleno municipal aprobou de maneira definitiva o orzamento municipal para o ano 2018, que ascende a máis de 28 millóns de euros. Desta maneira, o documento entrará en vigor de maneira inmediata para executar todas aquelas obras e servicios que contempla.

O Museo Os Oleiros oferta obradoiros de creación de instrumentos tradicionais polo Entroido

O Museo Os Oleiros abre hoxe o prazo de inscrición para o obradoiro que ten preparado para as festas de Entroido. Trátase dunha actividade, dirixida tanto a nenos e nenas como adultos, na que as persoas participantes crearán as súas propias buguinas -instrumentos típicos dalgunhas olerías galegas como Buño ou Bonxe-.

O Concello de Oleiros limpa subsidiariamente as parcelas urbanas da Urbanización A Pezoca

O Concello de Oleiros procedeu a limpar subsidiariamente a maleza das parcelas urbanas situadas na Urbanización A Pezoca, ante as denuncias dos veciños e veciñas da zona e o elevado risco de incendio. A inmobiliaria propietaria das fincas negábase a realizar a limpeza do terreo.

A Fábrica acolle unha mostra do alumando do Obradoiro de debuxo e pintura infantil

O centro cultural A Fábrica acollerá a partir de mañá xoves 18 de xaneiro unha mostra de pintura dos traballos realizados polo alumnado do Obradoiro de debuxo e pintura infantil e xuvenil que organiza o Departamento de Cultura do Concello de Oleiros. A exposición poderá visitarse ata o venres 26.

O pleno municipal aprobará definitivamente o orzamento do Concello de Oleiros o xoves

O pleno municipal, que se celebra o xoves ás 20 horas na Casa Charry, aprobará de maneira definitiva o orzamento municipal para o ano 2018, que ascende a máis de 28 millóns de euros. Desta maneira, o documento poderá entrará en vigor para executar todas aquelas obras e servicios que contempla.

A xustiza dálle a razón ao Concello de Oleiros nas expropiacións de Bastiagueiro

Dúas sentenzas xudiciais acaban de darlle a razón ao Concello de Oleiros nas expropiacións realizadas nas zonas verdes de Bastiagueiriño e Bastigueiro. A xustiza di que o Concello de Oleiros actuou conforme as leis e respectando o Plan xeral.

O Concello de Oleiros estuda restrinxir o tráfico nas rúas Fuxeira e Pombal ante o incremento da circulación

Desde os cambios realizados na intersección de Sol y Mar, as rúas Fuxeira, Pombal e todas as demais da urbanización Cavamontes están a soportar un elevado volume de tráfico de vehículos. De persistir esta situación, o Concello de Oleiros restrinxirá a circulación nesta zona urbana para non prexudicar aos numerosos veciños e veciñas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza