Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

A compañía Os Náufragos presenta o sábado en Mera a obra Castrapo

A compañía Os Náufragos presenta o sábado ás 20:30 horas no auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Castrapo, escrito e dirixido por Gustavo del Río. O elenco de actores e actrices fórmano Denis Gómez, Victoria Teijeiro e Gustavo del Río.

O sábado e o domingo celébrase o XVII Torneo Concello de Oleiros de Tenis de Mesa

Esta fin de semana o pavillón de Bastiagueiro será o escenario do XVII Torneo Concello de Oleiros de Tenis de Mesa. Participarán nesta proba máis dun cento de persoas, desde a categoría benxamín ata a de veteranos.

O Concello de Oleiros oferta un curso básico de prevención de riscos laborais

O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo do Concello de Oleiros vai impartir un curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas. O curso é totalmente gratuíto e en total hai 25 prazas.

O alcalde participará o xoves nas xornadas Hiperespazos, a casa fóra da casa

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, participará o vindeiro xoves nas xornadas Hiperespazos, a casa fóra da casa que se desenvolverán no centro Ágora da Coruña desde o mércores ata o venres. García Seoane falará sobre o modelo de xestión das casas municipais de préstamo e dos numerosos equipamentos e instalacións públicas que utilizan os veciños e veciñas do Concello de Oleiros.

O xoves terá lugar unha asemblea informativa na Fábrica sobre a creación da Área Metropolitana

O centro cultural A Fábrica de Perillo acolle o xoves ás 19:30 horas unha asemblea na que o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, informará sobre o proceso de creación da Área Metropolitana da Coruña e os beneficios que ten para a cidadanía a constitución deste novo organismo. A asemblea é aberta tanto ás entidades do municipio como a todos os veciños e veciñas.

A Fábrica acolle unha mostra de pintura de María Rodríguez Rey

A sala de exposicións do centro cultural A Fábrica acolle desde o mércores unha mostra de pintura da artista María Rodríguez Rey. A exposición titúlase Os nosos tesouros.

O Concello inicia os trámites de contratación da nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil

O Concello de Oleiros iniciou os trámites de contratación da obra de adecuación das naves municipais de Iñás que albergarán a nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil. O prezo de licitación rolda os 300.000 euros.

O Concello de Oleiros oferta un curso de formación para a atención sociosanitaria de persoas dependentes

O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo acollerá un curso de formación para a atención sociosanitaria de persoas dependentes en institucións sociais dirixido a mozos e mozas en situación de desemprego inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O alumnado terá un módulo de prácticas profesionais en empresas e ao remate do curso recibirá un certificado de profesionalidade.

A última semana de novembro retómase a construción da cuberta no parque da Lagoa

O vindeiro luns 27 de novembro está previsto que se retomen os traballos de construción da cuberta no parque da Lagoa de Mera, unha vez estean rematados todos os trámites administrativos para poder reiniciar a obra. Debido aos erros do proxecto, a empresa que o redactou terá que asumir os incrementos económicos precisos para poder construír a cuberta que superan os 30.000 euros.

Uns 50 nenos e nenas participarán este sábado na Alfombra Máxica

As actividades do Apego volven a Oleiros este sábado cunha proposta de libre experimentación para os bebés de 0 a 3 anos a través dunha alfombra táctil, sonora e olfactiva onde as crianzas se mergullarán nunha viaxe sensorial. Descubrirán o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear…

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza