Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

O Concello de Oleiros propón a creación dun servizo de transporte público para as praias

O Concello de Oleiros proporá á Xunta de Galicia e ao Concello da Coruña, como administracións con competencias para o transporte público, así como aos concellos de Culleredo e Cambre a creación dun servizo de transporte público ás praias de Santa Cristina e Bastiagueiro durante a época estival, do 1 de xuño ao 15 de setembro.

O Museo Os Oleiros acolle un obradoiro para crear pezas de barro

O Museo Os Oleiros abre hoxe o prazo de inscrición para o obradoiro de primavera. Trátase dunha actividade para todas as idades na que as persoas participantes aprenderán da man da ceramista Susana González Amado as diferentes técnicas empregadas polos oleiros para reproducir a beleza da natureza nas súas pezas.

O Concello organiza unha visita guiada á exposición Galicia Universal

O Concello de Oleiros organiza para o sábado 5 de maio, en horario de mañá, unha visita guiada á exposición Galicia universal. A arte galega nas coleccións de Abanca e Afundación. O luns abre o prazo de inscrición para as 50 prazas que se ofertan, ás que terán preferencia de acceso as persoas empadroadas no municipio.

A traxicomedia A Leituga represéntase o sábado no Auditorio Gabriel García Márquez

A compañía Eme2 presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra A Leituga, escrita por César Sierra e dirixida por Víctor Duplá. María Vázquez, Antonio Durán "Morris", Federico Pérez, Jose Barato e Mercedes Castro forman o elenco desta traxicomedia.

La Sexta emite o venres un programa sobre o Concello de Oleiros

O programa La sexta columna, que emitirá o venres ás 21:30 horas o canal de televisión La Sexta, tratará a situación na que se atopan distintos concellos de España. Entre eles estará o de Oleiros, como un dos máis singulares de toda España.

As nenas e nenos do Luis Seoane plantan árbores en Canide

As nenas e nenos de 3, 4 e 5 anos do Colexio Luis Seoane plantaron varias árbores na zona verde de Canide. A actividade foi organizada pola Asociación de Veciños San Cosme de Maianca en colaboración co Concello de Oleiros.

As bibliotecas municipais celebran o Día do Libro agasallando 400 publicacións

O Concello de Oleiros, en colaboración coa Deputación da Coruña, entregará gratuitamente 400 libros nas bibliotecas públicas municipais durante os vindeiros días. Esta campaña forma parte do programa provincial Libros para sermos libres.

O voluntariado de Oleiros fará unha recollida de produtos de hixiene persoal e limpeza este sábado

O Voluntariado de Oleiros fará unha recollida solidaria de produtos de hixiene persoal e limpeza ao longo de toda a xornada do sábado 21 de abril no supermercado GADIS de Bastiagueiro en horario de 10:00 a 22:00 h. Todos os produtos recollidos irán destinados ao Banco Solidario, un proxecto do Voluntariado de Oleiros.

A Casa Charry acolle unha mostra de pintura e escultura

A Casa Charry acollerá a partir de mañá martes a exposición de pintura e escultura Mans de mulleres, de María Cubeiro e Ana Sastre. A mostra recolle os cadros e as esculturas en pasta de papel destas dúas artistas.

O mércores abre o prazo de preinscrición nas escolas municipais de música e danza

Entre os días 18 e 25 de abril as escolas municipais de música e danza terán aberto o prazo para a preinscrición do novo alumnado. As persoas interesadas deberán dirixirse ás secretarías de ambas escolas de 17.00 a 20.00 horas. Para máis información poderán chamar ao teléfono 981 639 688 da Escola Municipal de Danza e ao teléfono 981 639 143 da Escola Municipal de Música.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza