O mércores finaliza o prazo para solicitar autorización para unha fogueira en San Xoán
Todas aquelas persoas que vaian realizar unha fogueira a noite de San Xoán, tanto nas praias coma noutros lugares, deben solicitar previamente autorización ao Concello antes deste mércores día 22. É posible presentar a solicitude presencialmente nas oficinas xerais da Casa do Concello ou telematicamente a través da Sede electrónica, mediante o rexistro electrónico.

Esta fin de semana abre a Oficina de Turismo de Santa Cristina e a Aula do Mar de Mera
O Concello de Oleiros procede á reapertura da Oficina de Información Turística de Santa Cristina e da Aula do Mar de Mera. O punto de información de Santa Cristina abrirá de martes a sábado de 10:00 a 14:00 horas e a Aula do Mar abrirá de luns a domingos en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.

A orquestra Fania Blanco Show actuará a noite de San Xoán na praia de Bastiagueiro
Para amenizar a noite de San Xoán na praia de Bastiagueiro, o Concello contratou a orquestra Fania Blanco Show. Tocará desde a explanada do acceso á praia da rúa de Bastiagueiro desde as 22:30 horas, aproximadamente.

Olga Lucas presenta mañá na Fábrica o seu libro sobre o exilio da Guerra Civil
Mañá venres 17 de xuño ás 20:30 horas, Olga Lucas estará no auditorio da Fábrica para presentar o seu libro Tras el telón de acero (las hijas del exilio). Ademais da propia autora, o acto contará coa intervención da profesora de Historia Ángeles García Portela e coa actuación do cantautor Félix Arias.

O Concello convoca o mércores 22 de xuño unha asemblea cos veciños e veciñas de Sol y Mar
O Concello de Oleiros convoca a unha asemblea informativa a todos os veciños e veciñas da marxe esquerda da avenida das Mariñas dirección A Coruña ante o inicio das escavacións da obra do túnel de Sol y Mar nese lado da estrada. A reunión será o mércores 22 de xuño, ás 19:30 horas no auditorio da Fábrica.

Félix Arias actuará o venres na Fábrica, na presentación do libro de Olga Lucas
O cantautor Félix Arias actuará na presentación do libro de Olga Lucas, Tras el telón de acero (las hijas del exilio). O acto está programado para este venres ás 20:30 horas na Fábrica e tamén contará coa participación da profesora de Historia Ángeles García Portela.

O Concello lembra a importancia de respectar as normas de seguridade establecidas para o San Xoán
Todas aquelas persoas que vaian realizar unha fogueira a noite de San Xoán, tanto nas praias coma noutros lugares, deben solicitar previamente autorización ao Concello. É posible presentar a solicitude presencialmente nas oficinas xerais da Casa do Concello ou telematicamente a través da Sede electrónica, mediante o rexistro electrónico.

Concerto da Big Band o sábado no parque da Casa do pobo de Iñás
A Big Band da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros actúa este sábado 18 de xuño, ás 20:00 horas, no parque da Casa do Pobo de Iñás. Este espectáculo musical é gratuíto e aberto a toda a cidadanía.

O centro Cultural A Fábrica acollerá do 15 ao 23 de xuño a exposición colectiva do obradoiro de fotografía dixital de Ocioleiros, que estivo dirixido por David Balado González.

Unha orquestra tocará na praia de Bastiagueiro a noite de San Xoán
Para amenizar a noite de San Xoán na praia de Bastiagueiro, o Concello contratará unha orquestra que tocará desde a explanada do acceso á praia da rúa de Bastiagueiro. Ademais, como xa se anunciara, porase leña a disposición da veciñanza gratuitamente para evitar a contaminación dos areais con materiais ou obxectos que tamén poden provocar danos a bañistas e persoas usuarias das praias.