Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

O pleno municipal aprobará definitivamente o orzamento municipal o xoves

O pleno municipal, que se celebra o xoves ás 20 horas na Casa Charry, aprobará de maneira definitiva o orzamento municipal para o ano 2018, que ascende a máis de 28 millóns de euros. Desta maneira, o documento poderá entrará en vigor para executar todas aquelas obras e servicios que contempla.

A xustiza dálle a razón ao Concello de Oleiros nas expropiacións de Bastiagueiro

Dúas sentenzas xudiciais acaban de darlle a razón ao Concello de Oleiros nas expropiacións realizadas nas zonas verdes de Bastiagueiriño e Bastigueiro. A xustiza di que o Concello de Oleiros actuou conforme as leis e respectando o Plan Xeral.

O Concello de Oleiros estuda restrinxir o tráfico nas rúas Fuxeira e Pombal ante o incremento da circulación

Desde os cambios realizados na intersección de Sol y Mar, as rúas Fuxeira, Pombal e todas as demais da urbanización Cavamontes están a soportar un elevado volume de tráfico de vehículos. De persistir esta situación, o Concello de Oleiros restrinxirá a circulación nesta zona urbana para non prexudicar aos numerosos veciños e veciñas.

Os cortes de tráfico na avenida Che Guevara comezan o martes

O martes quedará cortado o carril dereito da circulación nun tramo da avenida Ernesto Che Guevara, entre a rotonda do monumento a Che Guevara e a rotonda de Santa Cristina. Esta alteración do tráfico débese á necesidade de introducir un gran colector da rede de saneamento baixo a estrada.

Cidadáns de toda a comarca esixen ante a Delegación do Goberno a mellora dos accesos viarios á cidade e á comarca da Coruña

Numerosos veciños e veciñas da comarca e da cidade da Coruña concentráronse esta mañá diante da Delegación do Goberno para demandar a urxente contratación das obras de mellora dos accesos á Coruña na N-VI, desde Betanzos ata a cidade.

A concentración para demandar a mellora dos accesos á cidade e á comarca será mañá, ás 12:30 horas, na praza de Ourense

Todos os veciños e veciñas da comarca e da cidade da Coruña están convocados mañá ás 12.30 horas a unha concentración na praza de Ourense para demandar a urxente contratación das obras de mellora de acceso á Coruña na N-VI, desde Betanzos ata a cidade, ao seu paso polos municipios de Betanzos, Bergondo, Cambre, Sada, Oleiros e A Coruña.

O Concello de Oleiros anima a participar na concentración do sábado ante a Delegación do Goberno

O Goberno municipal decidiu convocar a todos os cidadáns concienciados, á marxe de credos e relixións, a participar unha concentración diante da Delegación do Goberno –praza de Ourense- este sábado día 13 de xaneiro, ás 12:30 horas, para demandar a urxente contratación das obras no cruce de Sol y Mar e a ampliación da ponte da Pasaxe e de Alfonso Molina.

O Concello de Oleiros solicita a participación de toda a cidadanía da comarca na concentración do sábado, acudan ou non os seus respectivos alcaldes

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, pediu novamente a participación da cidadanía de toda a comarca na concentración convocada para este sábado ás 12:30 horas ante a Delegación do Goberno.

Os veciños da rúa Pensamentos levan case un mes sen teléfono

Os veciños da rúa Pensamentos, en pleno núcleo urbano de Montrove, atópanse sen teléfono desde o temporal do pasado día 10 de decembro. O vento rompeu un poste, danou outros dous e, incomprensiblemente, a compañía de telecomunicacións responsable aínda non restableceu a conexión telefónica.

As obras e os arrastres provocan episodios de turbidez na auga

O Concello de Oleiros informa que se están a producir problemas de turbidez na auga que chega aos domicilios debido a arrastres provocados polas abondosas precipitacións dos últimos días. Igualmente, as obras que se están a realizar no Concello de Culleredo, con roturas das tubaxes, que son as mesmas que abastecen a Oleiros, tamén orixinan estes problemas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza