Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

As praias serán desaloxadas ás 5 da madrugada a noite de San Xoán para a súa limpeza

O Concello de Oleiros procederá ao desaloxo das praias a noite de San Xoán ás 5 da madrugada, para poder realizar as correspondente tarefas de limpeza e que os areais estean en perfectas condicións de uso o domingo. Previsiblemente, as praias permanecerán pechadas ata as 11:00 horas, cando se agarda que xa estea retirado todo o lixo.

O sábado inaugúranse as rúas Orquestra Os Satélites e Pucho Boedo

O vindeiro sábado día 23 de xuño, ás 12:00 horas, realizarase o acto de inauguración das dúas novas rúas de Perillo, dedicadas á Orquestra Os Satélites e a Pucho Boedo. Estas vías abríronse recentemente con motivo das obras de urbanización na zona da Corredoira das Viñas.

O fundador da ONG ACOES visita Oleiros e entrevístase co alcalde

O padre Patricio Larrosa, fundador da ONG ACOES, estivo durante a xornada de hoxe de visita no Concello de Oleiros. O cooperante internacional, acompañado por unha representación da delegación galega desta ONG, mantivo un encontro co alcalde Ángel García Seoane e outros representantes do Goberno local.

O mércores remata o prazo para solicitar permiso para facer unha fogueira a noite de San Xoán

Como todos os anos, é obrigatorio solicitar a correspondente autorización no Concello de Oleiros para realizar unha larada a noite de San Xoán, sexa esta na praia e ou en calquera outro lugar. As normas e a solicitude pode descargarse na web municipal e deberá ser entregada cuberta e asinada no Rexistro.

O Concello asumirá a reparación da varanda do paseo de Santa Cruz

O Concello de Oleiros procederá á renovación da varanda do paseo marítimo de Santa Cruz nos próximos días. Aínda que se trata dunha actuación que lle corresponde á Dirección Xeral de Costas, o Goberno municipal decidiu realizar a obra debido ao perigo que presenta para a cidadanía.

Inaugúrase a nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil

A nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil do Concello de Oleiros foi inaugurada esta mañá nun acto que contou coa presenza dun cento de veciños e veciñas. A obra de adecuación deste espazo, que ten o dobre de superficie da instalación que usaba este servizo ata o de agora, tivo un custo de 278.905 euros.

Máis de 200 persoas participan na festa de fin de curso das actividades de envellecemento activo

A praza da Liberdade de Nós acolleu hoxe a festa de fin de curso das actividades de Envellecemento Activo que desenvolve o Concello de Oleiros para todas as persoas maiores de 60 anos. Preto de 230 das persoas que participan nestas actividades achegáronse a Nós para amosar o traballo que desenvolven durante todo o ano, cunhas coreografías e exhibicións de ioga e ximnasia, así como obradoiros de memoria.

O Concello habilitará un novo aparcadoiro gratuíto no centro de Mera

O Concello de Oleiros logrou un acordo coa familia López Calvo para destinar unha parcela de 2.000 metros cadrados ao estacionamento de vehículos durante o verán. O aparcadoiro entrará en servizo nos próximos días, tan pronto como rematen os traballos de ordenación da finca.

O domingo inaugúrase a nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil

O vindeiro domingo día 17 de xuño, ás 12:00 horas, procederase ao acto de inauguración da nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil. Este novo equipamento municipal está situado no polígono de Iñás, na rúa do Barbanza.

O Concello rematará o teito da casa principal da Finca Tenreiro

O Concello de Oleiros completará os traballos iniciados por parte do alumnado do obradoiro de emprego na cuberta do edificio principal da Finca Tenreiro. Está previsto que durante os vindeiros días sexa colocada a tella que permitirá finalizar definitivamente o teito do inmoble.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza