Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

REMATA A LIGA ESCOLAR DE JUDO

¿ Mañá sábado celebrarase a última xornada nas categorías sub-13 e sub-11 e levarase a cabo a cerimonia de entrega de trofeos

Oleiros, 5 de marzo de 2010.- O Concello de Oleiros celebra mañá a última xornada da liga escolar de judo 2009-2010 para a categoría sub 13 e sub 11, coa correspondente entrega de trofeos. A competición dará comezo ás 9.00 horas no pavillón Municipal de Canide. Esta liga está dirixida a todos aqueles rapaces que practican judo nas casas do pobo do Concello, en concreto as de Perillo, Dorneda, Santa Cruz e Mera, así como no colexio A Rabadeira. Ademais, e coa finalidade de enriquecer o nivel da liga e de aumentar o número de participantes, tamén estiveron invitados colexios de concellos da comarca da Coruña e de Ferrol. A liga disputouse en equipos de catro judokas, realizando varios combates en cada xornada e disputando unha eliminatoria final. O número total de participantes este ano foi de 178. A entrega de trofeos e medallas terá lugar ás 11.30 para os judokas sub 13 e ás 13.30 para os judokas sub 11.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza