Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O AUDITORIO DA FÁBRICA ACOLLE ESTA NOITE A PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE «CARAMEL»

¿ A película proxectarase ás 21.00 h e as entradas estarán á venda a partir das 20.00 h

Oleiros, 05 de marzo de 2010.- O Concello de Oleiros proxecta hoxe, 5 de marzo, ás 21.00 h, no Auditorio da Fábrica, en Perillo, a longametraxe Caramel. As entradas custan 3 euros e estarán á venda a partir das 20.00 horas. O filme narra unha historia que se desenvolve en Beirut, onde cinco mulleres se reúnen nun salón de beleza. Layale ama a Rabih, pero está casado. Nisrine é musulmá e ten un problema de cara á súa voda. Rima está atormentada porque lle atraen as mulleres. Jamale resístese a envellecer. Rose sacrificouse por coidar da súa irmá maior. No salón os homes, o sexo e a maternidade están no centro das súas conversas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza