Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

CONTINÚAN AS CHARLAS DE LER PARA SABER

¿ O simposio será impartido pola profesora do CEIP Valle Inclán, Fina Mosquera Roel

Oleiros, 3 de marzo de 2010-. O Concello de Oleiros organiza o próximo venres 5 de marzo, ás 18.30 horas na Biblioteca Central Rialeda de Perillo, unha charla divulgativa sobre a pesca e o marisqueo na costa coruñesa. O simposio será impartido pola profesora do CEIP Valle Inclán, Fina Mosquera Roel. Esta actividade está enmarcada dentro da programación das actividades de Ler para saber, dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Primeiramente, Daniel Sánchez, alumno do Colexio Público Valle Inclán, realizará unha breve introdución falando sobre Seres vivos da zona intermareal e a continuación a profesora do CEIP Valle Inclán, Fina Mosquera Roel, impartirá unha charla titulada A pesca e o marisqueo na nosa costa.

Fina Mosquera ten publicados unha colección de libros titulada A vida no mar salgado sobre seres vivos do mar, a pesca e o marisqueo, dirixida a nenos e nenas, con títulos como: Mexillón, Peixe sapo, Polbo, Camarón, Centola, Xurelo, Rodaballo... nos que explica como viven, como se alimentan ou como se reproducen estes animais.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza