Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

CRISTINA DEL VALLE ACTUARÁ EN OLEIROS

¿ O concerto terá lugar o próximo venres día 12 de marzo no auditorio Gabriel García Márquez de Mera. Pola mañá a artista impartirá unha conferencia sobre a violencia de xénero na Fábrica

Oleiros, 19 de febreiro de 2010. - O Centro de Información Xuvenil organiza para o próximo venres 12 de marzo, a partir das 21.00 horas no auditorio Gabriel García de Mera, o concerto da solista Cistina del Valle. O prezo das entradas será de 5 euros. O mesmo venres pola mañá, Cristina del Valle impartirá unha conferencia sobre a violencia de xénero destinada a escolares e público en xeral. O simposio terá lugar a partir das 11.30 horas no Centro Cultural A Fábrica, en Perillo. Cristina del Valle é embaixadora da ONU para os Obxectivos do Milenio, un proxecto multinacional que pretende acabar pouco a pouco coa pobreza no mundo. Ademais, del Valle mantén o seu espectáculo, Ellas dan la nota, onde a música e a poesía únense nun acto de protesta e denuncia contra a violencia de xénero.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza