Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO SUSPENDE TODAS AS ACTIVIDADES PREVISTAS PARA A FIN DE SEMANA POR MOR DA PREVISIÓN CLIMATOLÓXICA

Non se realizarán actividades deportivas municipais e non haberá sesión de programa Ocioleiros e Xoveoleiros. Así mesmo, suspéndese o teatro e as actividades municipais nas casas do pobo

Oleiros, 26 de febreiro de 2010. - O Concello de Oleiros informa que debido ás previsións climatolóxicas para esta fin de semana se suspenden todas as actividades previstas para mañá sábado día 27 e para o domingo día 28. Non se celebrarán actividades deportivas municipais e os pavillóns municipais permanecerán pechados e todas as competicións previstas polos clubs de Oleiros aprazadas. Tampouco haberá sesións dos programas Ocioleiros e Xoveoleiros. Así mesmo, suspéndese o teatro e as actividades nas casas do pobo.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza