Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO ENVÍA O CERTIFICADO DO PADRÓN MUNICIPAL AOS PAIS DOS NENOS DE TRES ANOS PARA FACILITAR O PROCESO DE MATRICULACIÓN EN PRIMARIA DE CARA AO VINDEIRO CURSO

Na documentación remitida aos titores achégase un mapa de escolarización onde se indican os centros públicos de ensino segundo o lugar de residencia

Oleiros, 22 de febreiro de 2010. - O Concello de Oleiros comezará a enviar aos domicilios dos veciños con fillos e fillas de tres anos de idade a documentación municipal necesaria para que poidan completar a matriculación dos rapaces e das rapazas na escola primaria de cara ao próximo curso. O obxectivo desta iniciativa é facilitar o trámite e evitar que os pais e as nais teñan que desprazarse ao Concello para solicitar o certificado do padrón, documento necesario na tramitación da matrícula. Ademais, na documentación remitida aos pais e ás nais achégase un mapa de escolarización, de carácter informativo, onde se indican os centros públicos de ensino asignados segundo o lugar de residencia.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza