Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

XUVENTUDE PON EN MARCHA UN ESTUDO SOBRE HÁBITOS DE CONSUMO E OCIO

¿ O Concello está a facer unha enquisa entre os veciños de 14 a 35 anos

Oleiros, 22 de febreiro de 2010. - O Centro de Información Xuvenil pon en marcha o estudo da poboación oleirense entre 14 e 35 anos co obxecto de elaborar un plan de actuación encamiñado a facer unha política xuvenil máis acorde coas necesidades deste sector poboacional que son uns 9.123 habitantes da poboación total de Oleiros.

Para levar a cabo este traballo, estase a realizar un estudo de campo, con entrevistas presenciais e polos domicilios, onde as persoas seleccionadas teñen que contestar a unha enquisas composta dun total de 32 preguntas. O obxecto é coñecer de primeira man os hábitos de consumo e as preferencias de ocio, co fin de marcar unhas liñas de actuación máis próximas e afíns ás necesidades e preferencias deste sector poboacional.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza