Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO PRESENTA OS XV XOGOS AUTONÓMICOS DE DEPORTES MINORITARIOS QUE TERÁN LUGAR O SÁBADO EN OLEIROS

¿ Os XV Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios están organizados por Special Olympics Galicia e contará con 500 participantes

Oleiros, 16 de marzo de 2010-. O Concello de Oleiros presentará, mañá mércores 17 de marzo ás 13.00 horas na sala de xuntas da casa consistorial, os XV Xogos Autonómicos Minoritarios que terán lugar este sábado en Oleiros. No acto participarán o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, a concelleira responsable de deportes, Teresa Vázquez Maseda e o tesoureiro de Special Olympics Galicia, Elías Palacio.

Os XV Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios están organizados por Special Olympics Galicia en colaboración con Fademga-FEAPS Galicia e promovidos pola asociación coruñesa ASPRONAGA. O evento contará coa participación de 24 asociacións de toda Galicia e reunirá a máis de 500 persoas entre deportistas con discapacidade intelectual, adestradores, voluntarios e integrantes da organización.

Nesta nova edición de deportes minoritarios os deportistas poderán poñer a proba unha vez máis as súas habilidades en distintas disciplinas como o bádminton, o tenis de mesa, a petanca ou a ximnasia rítmica. As competicións comezarán o vindeiro sábado 20 de marzo nas instalación deportivas de INEF en Bastiagueiro.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza