Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

OS CISNES VISTOS EN SADA PROCEDEN DA LAGOA DE MERA

¿ As aves, criadas na lagoa de Mera, habitaron neste espazo natural ata que se fixeron adultas e os seus propios proxenitores obrigáronlles a desprazase

Oleiros, 16 de marzo de 2010.- O Concello de Oleiros informa de que a parella de cisnes que estes días están a ser protagonistas no paisaxe do litoral de Sada proceden de Oleiros. As aves, criadas na lagoa de Mera, habitaron neste espazo natural ata que se fixeron adultas e os seus propios proxenitores obrigáronlles a desprazase a outro lugar. Trátase dun fenómeno relativamente habitual nesta especie, xa que as reducidas dimensións do hábitat en Mera e a ampla superficie de terreo que estes animais necesita para o seu desenvolvemento fai incompatible a convivencia de determinadas parellas nun mesmo espazo. Deste xeito, desméntese a teoría que sinalaba que os cisnes atopados en Sada proceden dalgún movemento migratorio deste animais.

Non é a primeira vez que se produce este fenómeno entre os cisnes de Oleiros, hai varios anos unha parella criada tamén na lagoa de Mera foi expulsada polos seus proxenitores trasladando o seu hábitat á ría do Burgo. A presenza de cisnes nesta zona húmida do norte de Oleiros débese á poboación realizada polo Concello dentro do proxecto de rexeneración e acondicionamento da lagoa.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza