Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

CARMEN GARCÍA-RODEJA DISERTARÁ SOBRE A FIGURA DA MULLER NO SÉCULO XX

¿ A charla tratará temas como o sufraxio feminino, o atraso do movemento feminista en España, a conquista do voto feminino ou a influencia da emigración nas mulleres galegas do século XX

Oleiros, 15 de marzo de 2010.- O Concello de Oleiros informa de que o próximo luns 22 de marzo, ás 20.00 horas, a profesora Carmen García-Rodeja pronunciará unha conferencia no teatro municipal das Torres de Santa Cruz. A charla, titulada A muller no século XX, está enmarcada dentro do programa de actividades Oleiros, Feminino e Singular, que conmemora ao longo de todo o mes de marzo o Día Internacional da Muller Traballadora. A conferencia tratará temas como a resistencia ao sufraxio feminino, o atraso do movemento feminista en España nunha sociedade tradicional, a conquista do voto feminino, a influencia da emigración nas mulleres galegas do século XX.

Carmen García-Rodeja Arribí é profesora de Xeografía e Historia no IES Xosé Neira Vilas de Perillo. Ademais da participación noutras charlas e relatorios e a súa faceta como escritora de artigos, García-Rodeja formou parte de diversos grupos de traballo sobre temas de xénero e educación, tamén participou en numerosos cursos e congresos a partir de estudos con fontes orais e sobre temas de emigración e xénero ou sexismo nos medios de comunicación entre outros.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza