Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO COLGA UNHA PANCARTA NA CASA DO MAR DE MERA COMO SINAL DE PROTESTA POLA SITUACIÓN DE ABANDONO DESTA INSTALACIÓN POR PARTE DA XUNTA

Oleiros, 12 de marzo de 2010-. O Concello de Oleiros colgou onte unha pancarta na Casa do Mar de Mera como sinal de protesta e indignación pola situación de abandono que esta instalación de titularidade autonómica sofre desde hai unha década. Na pancarta pódese ler: «XUNTA: ATA CANDO O ABANDONO DA CASA DO MAR DE MERA?». O Goberno local de Alternativa dos Veciños reclamou en reiteradas ocasións aos últimos tres gobernos da Xunta o acondicionamento da Casa do Mar de Mera. Esta emblemática instalación de orixe mariñeira e carácter social serve de punto de encontro para os maiores da zona. Ademais na súa planta baixa alberga un consultorio médico de atención primaria.

A planta alta da instalación encóntrase nun estado total de abandono por parte da Administración autonómica e o seu funcionamento é posible unicamente ao labor de autoxestión que realiza o propio colectivo de maiores. Nesta parte do edifico o mobiliario está deteriorado, os sofás estragados, e diversos elementos construtivos, como as fiestras, as persianas e os cristais, están rotos e non realizan a súa función. Ademais no espazo da primeira planta destinado a zona de reunión acumúlanse trastes inservibles. A cafetería encóntrase en desuso, acumula cotra e serve como almacén de chatarra, deteriorándose pola falta de actividade.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, considera indignante o estado en que se encontra o inmoble posto que cunha obra dun importe non moi elevado poderíase acondicionar o edificio. O Goberno local aposta por renovar a casa do Mar de Mera e dotala de servizos, persoal e novo mobiliario para que o colectivo de maiores da zona poida utilizalo como espazo de reunión. Así mesmo, na planta baixa propón ampliar o servizo médico con máis persoal sanitario e cunhas novas instalacións que ocupen todo o espazo da planta que actualmente se atopa infrautilizada, para que, deste xeito, a súa actividade se equipare á do resto de centros de saúde do municipio.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza