Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

OLEIROS PREPÁRASE PARA O CONCERTO DE CRISTINA DEL VALLE

¿ A actuación do próximo venres no auditorio Gabriel García Márquez de Mera enmárcase dentro dos actos organizados para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora. Pola mañá a artista impartirá unha conferencia sobre a violencia de xénero na Fábrica

Oleiros, 10 de marzo de 2010. ¿ Cristina del Valle actuará o venres en Mera. A solista, que formou parte na década dos 90 da famosa banda de pop Amistades Peligrosas e que leva a cabo un intensos traballo a prol dos dereitos da muller, visita Oleiros, onde, ademais do concerto, protagonizará unha conferencia sobre a igualdade e a violencia de xénero. Estes actos están enmarcados dentro do programa de actividades organizados polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora.

A actuación comezará a partir das 21.00 horas no auditorio Gabriel García. O prezo das entradas será de 5 euros e poderanse adquirir a partir das 19.30 horas. Ademais, o mesmo venres pola mañá, Cristina del Valle impartirá unha conferencia sobre a violencia de xénero destinada a escolares e público en xeral. O simposio terá lugar a partir das 11.30 horas no Centro Cultural A Fábrica, en Perillo. Cristina del Valle é embaixadora da ONU para os Obxectivos do Milenio, un proxecto multinacional que pretende acabar pouco a pouco coa pobreza no mundo. Ademais, del Valle mantén o seu espectáculo, Ellas dan la nota, onde a música e a poesía únense nun acto de protesta e denuncia contra a violencia de xénero.

Para saber máis sobre Crsitina del Valle preme aquí

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza