Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

FRANCISCO PILLADO FALARÁ SOBRE A CONSIDERACIÓN SOCIAL DA MULLER AO LONGO DA HISTORIA

¿ O escritor e editor galego protagonizará unha conferencia enmarcada dentro dos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora

¿ A charla será o próximo luns día 8 a partir das 20.00 horas no teatro municipal das Torres en Santa Cruz

Oleiros, 5 de marzo de 2010.- O luns 8 de marzo ás 20.00 horas, o escritor e editor Francisco Pillado pronunciará unha conferencia no Teatro Municipal As Torres de Santa Cruz sobre A consideración social da muller no decurso da historia. Esta actividade enmárcase no ciclo de actividades tituladas "OLEIROS, FEMININO E SINGULAR" que o Concello de Oleiros organiza ao longo de todo o mes de marzo para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora.

Francisco Pillado é escritor, director de Edicións Laiovento e cofundador dos grupos de teatro O Facho, a Escola Dramática Galega, Luís Seoane e Clube Teatral Elsinor. Leva desde hai anos estudando o tema da consideración social da muller ao longo da historia e nesta conferencia presentará diferentes textos nos que irá baseando as súas explicacións, coa profundidade, pero ao mesmo tempo a amenidade, que o caracteriza. Pillado traballou como profesor no Colexio Universitario da Coruña e posteriormente foi designado polo Parlamento Galego como membro do Consello de Administración da Compañía de Radio e Televisión Galega.

Ao longo da súa vida profesional recibiu galardóns como, por exemplo, Gallego del año que outorga o grupo El Correo Gallego de Santiago. En 1989, acadou o premio da crítica polo seu labor como director dos Cadernos da Escola Dramática Galega e, en 2006, o premio San Martiño de Honra que concede o Concello da Estrada. A Universidade da Coruña, deu o seu nome á Biblioteca de Teatro da Facultade de Filoloxía. Na actualidade e, desde a súa fundación, traballa como director literario de Edicións Laiovento.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza