Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO ORGANIZA MAÑÁ UNHA NOVA CHARLA DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

¿ A vicedecana da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, Elvira Sahuquillo Balbuena, impartirá este venres ás 18.30 horas na Biblioteca Central Rialeda unha charla sobre a biodiversidade

Oleiros, 7 de abril de 2010-. O Concello de Oleiros programa para este venres 9 de abril, ás 18.30 horas, na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo, unha charla de divulgación científica, dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral. Esta actividade enmárcase dentro do programa «Ler para saber».

Para comezar, Gonzalo Valdés Vázquez e Adrián Villadóniga Fernández, alumnos do Colexio Público A Rabadeira protagonizarán unha pequena charla sobre a era dos dinosauros. A continuación, a profesora da Universidade da Coruña e Vicedecana da Facultade de Ciencias, Elvira Sahuquillo Balbuena, impartirá unha charla titulada Que é a biodiversidade?

Esta docente conta cunha extensa obra na que podemos destacar dous traballos. O primeiro, Trigos de cultivo tradicional en Galicia: caracterización botánica y agronómica, escrito en colaboración con Isabel Fraga Vila, e publicada pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia. En a segunda, Guía das orquídeas de Galicia, escrita en colaboración con Carlos Cortizo Amaro e publicada na editorial Baía.Con esta guía pretenden dar a coñecer ese pequeno tesouro da natureza galega que son as orquídeas. Expoñen aspectos como a súa morfoloxía, bioloxía ou distribución que permitirán adquirir unha visión global sobre elas, así como fichas de cada especie, cunha completa selección de fotografías.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza