Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

OLEIROS SÚMASE Á INICIATIVA «A HORA DO PLANETA»

¿ O próximo sábado día 27, de 20.30 a 21.30 horas, Oleiros apagará, ademais da Casa do Concello e do Castelo de Santa Cruz, a iluminación pública da avenida Che Guevara, os paseos marítimos de Santa Cruz, A Ría e Mera, así como a península de Canide.

Oleiros, 24 de marzo de 2010. ¿ O Concello de Oleiros participará na campaña A Hora do Planeta apagando durante una hora varios edificios municipais como a Casa do Concello ou o Castelo de Santa Cruz, actual sede do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. A Hora do Planeta 2010 pretende ser a maior chamada á acción organizada na historia. A iniciativa servirá para demostrar que, actuando xuntos, todos somos parte da solución ao cambio climático. A iniciativa pretende implicar a máis de mil millóns de persoas e mobilizar a 6.000 cidades do mundo para demostrar o apoio global á acción contra o cambio climático.

O apagón producirase o próximo 27 de marzo, de 20:30 a 21:30, cando se apagarán as luces de monumentos, rúas, empresas e fogares en miles de cidades de todo o mundo, para tomar conciencia do problema e coñecer a importancia da nosa participación na defensa do medio ambiente. En Oleiros, ademais da Casa do Concello e do Castelo de Santa Cruz apagaranse tamén a iluminación pública da avenida Che Guevara, os paseos marítimos da Ría, de Santa Cruz e de Mera, así como a península de Canide.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza