Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O GOBERNO LOCAL ORGANIZA MAÑÁ UNHA ASEMBLEA INFORMATIVA EN NÓS PARA TRATAR VARIOS PROXECTOS DE INMINENTE EXECUCIÓN

¿ O Goberno local investirá ao redor de 1,5 millóns de euros en 5 obras de seguridade viaria e saneamento

Oleiros, 23 de marzo de 2010.- O Goberno local convoca unha asemblea informativa para mañá 24 de marzo, ás 20:30 horas, na Casa do Pobo de Nós, para tratar varios proxectos que o Concello vai levar a cabo de forma inminente na zona. Na xuntanza participará o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, así como os concelleiros responsables de cada área.

Na asemblea trataranse o comezo das obras das beirarrúas nas rúas Manuel Murguía, desde O Carballo ata Coroto, neste proxecto o Goberno local de Alternativa dos Veciños investirá 360.703 euros. Así mesmo informarase das obras de construción de beirarrúas na rúa Pilar Estevez Diéguez, desde Vilanova hasta San Marcos, onde se investirá un total de 253.670 euros. Ambas obras permitirán dotar a estas transitadas rúas dun espazo de paso para os peóns que vai contribuír a mellorar sensiblemente a seguridade viaria nesta zona. Ademais da construción destas beirarrúas, informarase sobre o proxecto de construción de beiravías na Seara e na rotonda en San Marcos no que se investirá 294.775 euros.

Na asemblea tamén se tratará a contratación da nova rede de sumidoiros na rúa Federico Macilñeira e na rúa dos Lirios. Así mesmo, durante a xuntanza, o Concello formulará solucións ao problema da rede de sumidoiros da zona das Grobias e da rúa Salvador Allende, que se encontra construído pero non está en funcionamento.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza