Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO, ALARMADO POLA FALTA DE COORDINACIÓN ENTRE CONSELLERÍAS

¿ A Consellería de Medio Rural emite informes para realizar talas contradicindo a normativa europea e o criterio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Oleiros, 23 de marzo de 2010.- O Concello de Oleiros está alarmado pola falta de entendemento e coordinación entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Consellería de Medio Rural. Son constantes os informes que se emiten por parte da Consellería do Rural para que se proceda a realizar talas de árbores en espazos naturais protexidos, tanto polo PXOM como por parte do Plan do Litoral, como é o caso dos leitos dos ríos e diversas masas arbóreas no litoral da costa oleirense e áreas protexidas de alto interese ecolóxico e medioambiental. Mentres a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, acertadamente en opinión do Goberno local, impide a tala e esixe a preservación destas mesmas zonas.

Na Consellería de Medio Rural emiten informes para talas salvaxes acolléndose a unha nefasta lei da citada Consellería que contradí por completo a normativa europea para estes casos.

O Concello de Oleiros rexeitará todas aquelas talas que transgridan a normativa europea e as directrices da Consellería de Medio Ambiente, descontando os traballos de «entresacado» de eucaliptos para repoboar con especies nobres.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza