Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O IES NEIRA VILAS ORGANIZA A II SEMANA INTERCULTURAL

Oleiros, 18 de marzo de 2010.- O IES Neira Vilas do Concello de Oleiros organiza a súa II Semana Intercultural composta por un completo programa de actos que inclúe charlas e obradoiros e que están destinados aos escolares. As actividades levaranse a cabo ao longo da próxima semana, desde o luns 22 de marzo ata o venres 26. Ademais das conferencias realizaranse varias actividades complementarias como as exposicións virtuais sobre as visitas á ría do Burgo e o comportamento das aves, o obradoiro de reciclaxe de aceite usado e o intercambio con alumnos da Bretaña francesa. Ademais haberá un obradoiro de ilustración e celebrarase o obradoiro de Axenda 21 Escolar de Galicia.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza