Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

SETE SESIÓNS DA HORA DO CONTO A PRÓXIMA SEMANA NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

¿ As actuacións dirixidas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos

Oleiros, 18 de marzo de 2010-. O Concello de Oleiros ofrece sete novas sesións do programa a hora do conto nas bibliotecas municipais. Esta semana desenvolveranse unha serie de actuacións dirixidas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos. Terán lugar en todas as bibliotecas municipais, a través da narración ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e cunha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e a creatividade. Todos os actos serán ás 18.30 horas. As sesións da próxima semana desenvolveranse nas seguintes bibliotecas municipais:

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso, Dorneda

Luns 22 de marzo

CONTACONTOS: Pablísimo

TÍTULOS: "Pequerrecho, pequerrechiño", "O pescador e a súa muller"

Biblioteca Pública Municipal Federico García Lorca, Montrove

Martes 23 de marzo

CONTACONTOS: Pablísimo

TÍTULOS: "Pequerrecho, pequerrechiño", "O pescador e a súa muller"

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro, Santa Cruz

Mércores 24 de marzo

CONTACONTOS: Fran Insua

TÍTULOS: "Os narices do rei", "Por se non cho dixen", "Que fai un crocodilo polas noites"

Biblioteca Central Rialeda, Perillo

Xoves 25 de marzo

Para cativos e cativas menores de 6 anos:

CONTACONTOS: Mamá Ratiña da Compañía Trinke Trinke

TÍTULOS: "Piratas de xabrón", "Buh!"

Para nenos e nenas maiores de 6 anos:

CONTACONTOS: Pablísimo

TÍTULOS: "Pequerrecho, pequerrechiño", "O pescador e a súa muller"

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado, Mera

Mércores 26 de marzo

CONTACONTOS: Rato Pillo da Compañía Trinke Trinke

TÍTULOS: "Historias de ratiños: O baño, Nubes, Rato vello, A viaxe"

Os obxectivos que se intentan conseguir son que os nenos e as nenas participantes se divirtan escoitando contos, facer novos lectores ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e outros nenos. Trátase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e as nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza