Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

OLEIROS PON EN MARCHA UN PROGRAMA DE OBRADOIROS PARA PAIS E NAIS DE NENOS E ADOLESCENTES

¿ O obxectivo desta iniciativa é orientar os pais en temas especialmente complicados como a prevención do consumo de drogas ou a comunicación familiar

¿ O Concello comezou esta semana a enviar a información aos pais susceptibles de estar interesados a través de correo postal

Oleiros, 17 de marzo de 2010.- O Concello de Oleiros pon en marcha para este curso escolar o desenvolvemento de varios obradoiros de educación para pais, nais e titores legais de rapaces e rapazas en idade escolar, tanto dos centros de primaria como dos de secundaria.

O obxectivo desta actividade é orientar os pais na educación dos seus fillos en temas especialmente complicados como as etapas da nenez e a adolescencia, a importancia na prevención do consumo de drogas, a comunicación, as pautas para establecer normas e límites, así como o intercambio de experiencias cotiás dentro da unidade familiar.

Os obradoiros terán lugar durante o mes de abril (12, 14, 19, 20, 25 e 27) en horario de 17:30 a 19:30 h e de 20:00 a 22:00 h. Estes obradoiros son totalmente gratuítos. Ademais, o Concello enviará información indicando as datas dos obradoiros a través de correo postal a todas as persoas susceptibles de estar interesadas e cunha antelación mínima de dúas semanas de antelación. Ademais, nesta carta achégase unha solicitude de preinscrición que, todas as persoas interesadas poden entregar nos centros educativos ou ben na oficina do CIX na Fábrica de Perillo, ou en c.xuventude@oleiros.org.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza