Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

«LAS INGENIOSAS DEL HIDALGO: EL QUIJOTE EN VOCES DE MUJERES», A CARGO DA ACTRIZ SOLEDAD FELLOZA

Oleiros, 3 de maio de 2010-. O Concello de Oleiros informa de que mañá 4 de maio ás 10.30 h, no Auditorio do Centro Cultural A Fábrica en Perillo, as bibliotecas municipais organizan a actividade titulada Las ingeniosas del hidalgo: El Quijote en voces de mujeres, a cargo da actriz Soledad Felloza. A contacontos uruguaia realizará varios monólogos curtos nos que dramatiza diferentes personaxes femininos da obra de Cervantes. Narra diversos capítulos de El Quijote nos que as mulleres teñen un certo protagonismo: Quiteria, que en plena voda con Camacho o rico, recorda o seu amor a Basilio, o pobre. A pastora Marcela, na que destaca o seu discurso co que finalizaba as charlas cos seus namorados. Claudia Jerónima Cervantes, na que está personalizada a liberdade da muller, con límites tan amplos nos que cabe un erro tan grave como a morte.

Esta actividade está dirixida ao alumnado de 1º de bacharelato do IES María Casares, pero tamén asistirán 35 alumnos/as de Hamburgo (Alemaña) co seu profesorado que están realizando un intercambio con este instituto.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza