Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O PROGRAMA LER PARA SABER TRATA O MUNDO DA FARMACIA E A SÚA RELACIÓN COA NATUREZA

¿ O Concello organiza este venres ás 18.30 horas unha nova charla de divulgación científica que estará protagonziada pola doutora en Química Isabel Nieto Prieto

Oleiros, 28 de abril de 2010-. O Concello de Oleiros organiza mañá venres ás 18.30 horas na Biblioteca Central Rialeda unha charla de divulgación científica que tratará o mundo da farmacia e a súa relación coa natureza. O simposio correrá a cargo da doutora en Química, Isabel Nieto Prieto, que é investigadora do Grupo de Produtos Naturais Mariños da Universidade da Coruña. Estas charlas están dirixidas a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Antes de que comece a falar a doutora Nieto, Martín Fernández-Obanza Durán, alumno do colexio Valle Inclán de Perillo, realizará unha pequena presentación sobre os desertos. Ao acabar a conferencia realizarán cremas a partir de produtos naturais mariños. O acceso é gratuíto.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza