Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

OLEIROS PON EN MARCHA UN PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DE XOGOS POPULARES ENTRE OS ESCOLARES DO CONCELLO

Oleiros, 26 de abril de 2010-. O Concello de Oleiros organiza ao longo de toda esta semana un Programa de dinamización de xogos populares. Esta actividade realízase en colaboración cos departamentos de Educación Física dos centros educativos e terá lugar en horario lectivo e nas propias instalacións deportivas do centro. Durante toda a mañá de hoxe e ao longo de mañá martes 27 de abril levaranse a cabo diversos xogos populares no CEIP Valle Inclán, onde se espera a participación de preto de 200 alumnos e alumnas.

O Servizo Municipal de Deportes, coñecedor da escasa práctica dos xogos populares galegos entre a poboación en idade escolar, quere intentar dar a coñecer de xeito práctico estes xogos nos centros de primaria e secundaria do municipio. As actividades serán impartidas por monitores especializados, que se encargarán de impartir clases prácticas de distintos xogos populares como a chave, a ra, o peón, os zancos, etc. Ademais, o Concello de Oleiros facilita todo o material necesario.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza