Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O DOMINGO CELÉBRASE O V FESTIVAL DE BANDAS DO CONCELLO DE OLEIROS

¿ A oferta musical desta fin de semana complétase co XIX Festival Aniversario da Coral de Mera que se celebra o sábado ás 20.30 horas

Oleiros, 23 de abril de 2010-. O vindeiro domingo 25 de abril, ás 18:00 horas, celebrarase no Auditorio Municipal Gabriel García Márquez de Mera o V Festival de Bandas do Concello de Oleiros. Nesta ocasión actuarán as Banda de Música de Sanxenxo, a Xove Banda de Narón e a Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros. Ademais, o sábado ás 20.30 horas e tamén no auditorio de Mera, terá lugar o XIX Festival Aniversario da Coral de Mera. Nesta espectáculo participará a Coral Polifónica de Mera e Orfeón da Sociedade de Obreiros de Mondoñedo e a Coral Polifónica Candea de Viana do Bolo, como formacións invitadas.

A Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros nace dentro do seo da Escola no ano 2001, no segundo curso do seu funcionamento, baixo a dirección de J Batiste Bernat. Dado o carácter pedagóxico desta agrupación ofrece os seus primeiros concertos dentro das programacións da propia Escola, participando nos concertos de Nadal, primavera e clausuras de cada curso.

En setembro de 2002 faise cargo da dirección Alberto Piñeiro Leiva quen impulsa a agrupación cara a un desenvolvemento que permite proxectar a Banda ao exterior. En xuño de 2004 comparte programa coa Banda Municipal de Silleda no Auditorio Municipal de Silleda. No 2005 participa na inauguración do Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A partir desta data a Banda de Música actúa asiduamente en diferentes lugares dentro do Concello de Oleiros, como na Feira do Mel, nas Merendiñas etc. No ano 2006 participa no Primeiro Festival de Bandas de Oleiros, festival que se vén repetindo cada ano. Desde este ano vén realizando intercambios con Bandas de Música de concellos como Silleda, Rivadulla, Sada, Sanxenxo, Betanzos, e coa Banda de Música do Liceo La Paz. Realizou programas con agrupacións vocais como coa

Coral Polifónica Follas Novas e no 2007 na Xuntanzas de Corais do Primeiro Encontro de Música das Letras Galegas, xuntanza que se repite o 2008.

En xuño de 2008 foi invitada polo Concello de Sarria e en xullo do mesmo ano, polo concello de Silleda para participar dentro do programa cultural das súas festas. En 2009 participa por primeira vez no III Certame Galego de Bandas de Música acadando o primeiro premio na sección segunda.

A Coral de Mera

Pola súa parte, A Coral Polifónica de Mera nace en abril de 1991 coa idea de dotar a vila dun elemento cultural do que carecía naquel momento. O seu propósito é cultivar e difundir todo tipo de música a voces, dedicándolle especial interese á música galega, ben de compositores consagrados, ben de autores noveles. Froito deste interese por cultivar todo tipo de música é a estrea que realizou o día 1º de maio de 1999, dunha misa

de Melchor López, mestre da Capela da Catedral de Santiago. Entre os autores que interpreta destacaremos a Verdi, Del Encina, Haendel, Beethoven, Groba etc.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza