Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

A XUNTA MARXINA OLEIROS

¿ A Secretaría Xeral para o Deporte denegou o financiamento do equipamento de dous parques biosaudables en Mera e Dorneda e dunha nova pista de «skate» en Arillo

Oleiros, 21 de abril de 2010-. O Concello de Oleiros informa de que a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, que depende de Presidencia, unha vez máis, marxina a cidadanía de Oleiros ao denegar os proxectos presentados polo Goberno municipal para unha convocatoria realizada polo goberno autonómico para dotar de parques biosaludables as localidades de Mera e Dorneda.

O Concello demandaba a dotación de módulos especiais de ximnasia de mantemento e exercicios cardiovasculares para persoas maiores no parque da Lagoa, en Mera e no parque Nicolás Redondo, en Arillo. En ambas localidades existen un importante número de persoas maiores ás que con esta decisións se lles está impedindo gozar deste tipo de equipamento. O importe destes 16 aparatos de ximnasia ascendería a 23.200 euros dos cales a Xunta podería financiar ata un 80% mentres que o resto do importe sería asumido polo Concello.

Así mesmo, a Xunta denegou a súa colaboración para cofinanciar unha nova pista de skate. Esta infraestrutura deportiva tería un custo de 55.541 euros e o Goberno municipal propoñía que se situara no parque Nicolás Redondo co obxectivo de completar este tipo de equipamento na zona norte do municipio, debido á masiva afluencia de deportistas na pista de skate construída polo Goberno local en Bastiagueiro. O Concello de Oleiros denuncia a política negativa e de marxinación que a Xunta está a facer coa cidadanía de Oleiros.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza