Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO IMPARTE UN CURSO OCUPACIONAL DE XARDINERÍA NO CENTRO MUNICIPAL DE FORMACIÓN A CARBALLEIRA

¿ O obxectivo é formar profesionais para atender as demandas de persoal das empresas da zona

Oleiros, 14 de abril de 2010-. O Concello de Oleiros vai impartir un curso de Formación Profesional Ocupacional de Xardinería desde o próximo 4 de maio e ata o día 30 de setembro. O curso ten unha duración de 530 horas e vaise impartir en horario de mañá de 9.00 a 14.00 horas. Este curso está financiado polo Concello de Oleiros e inscríbese dentro do Plan de Formación do propio Concello de Oleiros.

As clases impartiranse dentro das instalacións do Centro Municipal de Formación da Carballeira, en San Pedro de Nós. O obxectivo é formar profesionais para atender as demandas de persoal das empresas do contorno. Os requisitos de acceso son estar en situación de desemprego e estar empadroado no Concello de Oleiros.

Todas as persoas que están interesadas poden poñerse en contacto co Centro municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, sito na urbanización dos Regos, ben acudindo ou chamando aos números 981 610 319 - 981 631 706. A data da entrevista de selección vai ser o mércores 21 de abril ás 9.30 horas no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza