Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

OBRADOIROS DE HIP HOP DINAMIZAN OS IES DO CONCELLO

¿ Onte comezaron as actividades de dinamización lingüística que encherán os centros de ensino do Concello ata finais de maio

Oleiros, 13 de abril de 2010. - O Concello de Oleiros comeza a súa programación para conmemorar o Día das Letras Galegas nos centros de ensino. Estas actividades complementarias que dependen do Servizo de Normalización Lingüística van percorrer os institutos e os colexios do Concello con obradoiros, recitais, libros de Uxío Novoneyra, autor homenaxeado, e unha obra de teatro.

Onte comezaron estas actividades cun obradoiro de hip hop no IES María Casares, para o alumnado de 3º da ESO e hoxe houbo outros dous obradoiros no centro para os outros grupos. O obradoiro será impartido por García, membro do grupo Dios Ke Te Crew. A charla-obradoiro fixo un percorrido pola historia do hip hop e a través da participación do público, que creou letras para logo seren interpretadas polos seus autores. Con este obradoiro preténdese potenciar o uso da lingua a través da música rap.

Os seguintes obradoiros de hip hop serán no IES Miraflores os luns 26 de abril, 3 e 10 de maio.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza