Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

A FISCALÍA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA ARQUIVA A DEMANDA POLA URBANIZACIÓN DA PASAXE

¿ O Ministerio Fiscal considera correcta a actuación municipal e non aprecia indicios para determinar ningún tipo de irregularidade

Oleiros, 13 de abril de 2010-. O Ministerio Fiscal decretou o arquivo dunha denuncia interposta por unha propietaria que forma parte da urbanización que se vai levar a cabo no contorno da ponte Pasaxe e anexas á ría do Burgo, e quen alegaba unha posible irregularidade cometida polo Goberno local.

O Concello de Oleiros afectou a esta urbanización coa construción dun tramo do paseo marítimo da Ría e cun parque de 6.000 metros cadrados que situará neste ámbito. A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia incoou dilixencias acordando decretar o arquivo da demanda ao comprobar que na actuación municipal non hai indicios para determinar ningún tipo de delito. Sendo polo tanto correcta a actuación do Concello na tramitación das obras do paseo e na ocupación dos tramos para a súa construción.

Estes feitos, lamentablemente, foron divulgados a través dos medios de comunicación transmitindo a estes unha información subxectiva co obxectivo de transmitir de forma negativa o labor do Concello nesta actuación en particular. O Concello de Oleiros lamenta que, unha e outra vez se distorsione o labor municipal co único obxectivo de inxuriar o Goberno municipal.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza