Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

AS OBRAS DE REPOSICIÓN DUNHA TUBAXE DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN NÓS DIFICULTARÁN O TRÁFICO NUN TRAMO DE MANUEL MURGUÍA

¿ Estes traballos, que se prolongarán durante unha semana, mellorarán sensiblemente a calidade da subministración na zona

Oleiros, 11 de maio de 2010-. O Concello de Oleiros informa de que se está a levar a cabo a obra de reposición das tubaxes de abastecemento de auga nunha zona da parroquia en Nós. Os traballos se están a realizar nun tramo da rúa Manuel Murguía e en Avelino Cachafeiro. O obxectivo desta obra é substituír a antiga tubaxe, que quedara obsoleta, xa que o seu diámetro era insuficiente para abastecer a zona. A nova tubaxe conta cun diámetro de 100 mm, suficiente para garantir o correcto abastecemento. Ademais está construída en ferro fundido, o que evita posibles roturas que puideran causar interrupcións ou anomalías na subministración. O investimento total desta obra proposta polo Goberno local e que se está a executar con financiamento da Unión Europea, dentro do Plan de Infraestruturas rurais, é de 57.000 euros.

Os traballos están a afectar ás rúas adxacentes, algunhas moi estreitas, o que está a obrigar a empresa que leva a cabo a obra en ocasións a dar paso alternativo aos vehículos e a regular o tráfico a través de pequenos semáforos de obra. Esta empresa conta co permiso do Concello para regular o tráfico. Esta previsto que os traballos se prolonguen ao redor dunha semana, polo que o Concello solicita a colaboración dos veciños e recomenda extremar a seguridade cando se circule por este contorno.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza