Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO INSTALA SINAIS INFORMATIVOS PARA MELLORAR A LOCALIZACIÓN DOS HOTEIS E CÁMPINGS DO MUNICIPIO

¿ Nos sinais indícase a dirección e a distancia así como a denominación do hotel ou do cámping

Oleiros, 11 de maio de 2010-. O Concello de Oleiros informa de que nestes días comezou a instalación de sinais informativos indicadores dos hoteis e cámpings situados no noso termo municipal. Estes traballos que se realizan con cargo ao Plan de Dinamización Turística supoñen a instalación de varios sinais nas principais estradas do territorio, adaptadas á normativa reguladora das cores e pictogramas que emprega o Concello. Nos sinais indícase a dirección e a distancia así como a denominación do hotel ou cámping. O concelleiro destaca que esta sinalización vai permitir unha mellor orientación dos turistas que nos visitan e con iso un novo servizo de apoio ao turismo e a hostalería locais.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza