Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

TODOS OS PROPIETARIOS AFECTADOS POLA OBRA DE CONSTRUCIÓN DE BEIRARRÚAS EN AUGARRÍO ASINAN A ACTA DE CESIÓN

¿ Isto evita que se abra algún expediente de expropiación para proceder á execución dos traballos

Oleiros, 7 de maio de 2010-. O Concello de Oleiros informa de que a totalidade dos propietarios afectados pola obra e construción de beirarrúas e beiravías na estrada autonómica que comunica as localidades de Santa Cruz e Mera, entre Viñas de Babilonia, en Liáns e Augarrío en Dorneda, asinaron as actas de cesión pactadas co Concello, incluída a concelleira do grupo popular e presidenta do PP de Oleiros, María Vietes Louro.

A sinatura da totalidade dos propietarios evita que se abra algún expediente de expropiación para proceder á execución dos traballos. Polo que se permite o inicio inmediato das obras, que supoñen un investimento que sobrepasa os 270.000 euros e que se encontraba pendente de execución por parte da Xunta de Galicia.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza