Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO DE PONTEVEDRA ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN AO SKATEPARK DE BASTIAGUEIRO

¿ 50 mozos, 2 monitores e un traballador municipal desprazaranse desde Pontevedra ata Oleiros este sábado para gozar da pista de monopatín do concello

Oleiros, 7 de maio de 2010-. O programa de lecer alternativo Noites Abertas da Concellería de Xuventude do Concello de Pontevedra organiza unha excursión para mozos e mozas que consistirá nunha visita á pista de monopatín do Concello de Oleiros. Un total de 53 persoas, 50 mozos e mozas, dous monitores e un traballador do Concello de Pontevedra desprazaranse este sábado ata Bastiagueiro para gozar desta instalación municipal, segundo informou o propio concello pontevedrés. A chegada esta prevista para ás 11.30 horas e o regreso para as 18.30 horas. Durante ese tempo permanecerán na pista de Bastiaguero. O skatepark do Concello de Oleiros está considerado polos patinadores unha das mellores instalacións a nivel nacional.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza