Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

A FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE SÚMASE Á INICIATIVA REVELA

¿ O Foro Internacional Revela que organiza o Concello de Oleiros conta ademais co apoio da Deputación provincial, Haley e Viajes El Corte Inglés

Oleiros, 7 de maio 2010 -. O Foro Internacional Revela contará co patrocinio da Fundación María José Jove. A fundación súmase así á iniciativa Revela que organiza o Concello de Oleiros e que ademais conta co apoio da Deputación provincial, Haley e Viajes El Corte Inglés.

A Fundación María José Jove traballa por avanzar no seu compromiso social, implicándose na atención das necesidades da infancia e as persoas con discapacidade, desenvolvendo actuacións de calidade e alto valor. Fiel a este compromiso, desde a Área de Promoción Cultural desenvólvense diversas liñas de traballo, entre as que se inclúe a súa colaboración co Foro Internacional Revela. A través deste acordo o Concello de Oleiros e a fundación traballarán na denuncia de inxustizas no mundo a través da fotografía.

A temática do V Foro Internacional Revela que se celebra este ano, afonda especialmente na liña de traballo coa que arrancou a Fundación María José Jove, que ten por obxectivos mellorar as condicións de vida da infancia, a integración social dos discapacitados; así como promover e potenciar o espírito creativo dos máis novos e impulsar un ocio saudable entre outros, xa que na edición que arrancará o próximo mes de xuño tratarase a violación dos Dereitos dos Nenos na sociedade actual.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza