Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO CELEBRA AS LETRAS GALEGAS DURANTE TODA A SEMANA

¿ O 17 de maio representarase a obra de teatro Os Bolechas no teatro As Torres

Oleiros, 7 de maio de 2010-. O Organismo Autónomo Municipal de Cultura do Concello de Oleiros, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística, organiza para esta semana varias actividades para celebrar as Letras Galegas. Todos os días haberá actividades nos centros de ensino, orientadas a fomentar o uso da lingua entre a mocidade e será o propio 17 de maio cando os personaxes dos contos dos Bolechas cobren realidade e se presenten aos nenos e ás nenas do Concello. Esta obra representarase no teatro das Torres, en Santa Cruz, a entrada é gratuíta ata completar a capacidade do teatro e haberá dúas sesións para poder chegar ao maior número de persoas posible. As sesións serán ás 12.00 e ás 18.00 h.

Durante a semana, os institutos recibirán o espectáculo Chove pra que eu soñe!, un recital poético-musical da Xente das palabras. Durante 50 minutos María Inés Cuadrado irá recitando versos da obra de Uxío Novoneyra, acompañada por violín e piano. Tamén nos institutos continuarán cos obradoiros de hip hop da man de García, membro do grupo Dios ke te crew, quen ensinará a cantar e compoñer letras á xente nova. E o día 13 de maio, o IES María Casares tamén participará no Correlingua da Coruña. Á parte destas actividades o Servizo de Normalización Lingüística distribuirá libros da vida e obra de Uxío Novoneyra, co obxectivo de que os rapaces e as rapazas coñezan o autor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Para o colexios están planificadas unhas actividades máis lúdicas para promover o uso da lingua. Os centros de primaria recibirán esta semana un obradoiro de contos de medo, onde se busca a participación dos nenos e das nenas, así como se propician situacións para favorecer a expresión oral do alumnado. O venres, os nenos e as nenas de 3.º e 4.º de primaria reuniranse no auditorio Gabriel García Márquez na representación da obra de teatro Os soños na gaiola, da compañía Trinke Trinke.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza