Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO INSTALA NOVOS PANEIS INFORMATIVOS

¿ Os indicadores están adaptados á nova normativa autonómica de sinalización turística

Oleiros, 5 de maio de 2010-. O Concello de Oleiros comezou a instalar os novos sinais de benvida nas principais entradas ao municipio. Estes indicadores, adaptados á nova normativa autonómica de sinalización turística, instálanse con cargo ao Plan de desenvolvemento turístico da área metropolitana e teñen por obxectivo proporcionar nun só golpe visual información básica do municipio aos visitantes. Ademais, os paneis inclúen a mensaxe de benvida en varios idiomas así como un plano esquemático do municipio e dos seus principais atractivos, parroquias e núcleos máis importantes e uns pictogramas normalizados cos principais recursos turísticos do noso territorio.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza