Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO RECIBE UN GRUPO DE ESTUDANTES FRANCESES E OLEIRENSES

¿ O acto terá lugar mañá ás 20.00 horas na Casa Charry

Oleiros, 5 de maio de 2010-. O Concello de Oleiros recibirá un grupo de alumnos e alumnas do centro francés Collegè Notre Dame le Mènimur e do centro IES Neira Vilas de Oleiros, xunto cun grupo de profesores de ambos institutos. O acto terá lugar mañá ás 20.00 horas na casa Charry.

O alumnado francés, da localidade de Vannes, capital do Departamento do Morbihan na Bretaña francesa, estará en Oleiros ata o 11 de maio, e visitarán Santiago, A Coruña, Pontevedra e Valença do Minho.

O venres día 7 terán a cea da amizade en Sta. Cruz, na que participan o alumnado francés e o profesorado e o alumnado do IES Neira Vilas, ademais das familias. Esta visita forma parte dun intercambio no que anteriormente 27 alumnos e alumnas do IES Neira Vilas visitaran a Bretaña e París ao longo do pasado mes de marzo.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza