Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

COMEZAN AS ACTIVIDADES NÁUTICAS DO PROGRAMA COMPLEMENTARIO DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA ESCOLARES

¿ As sesións de body-board e kaiak de mar desenvolveranse ao longo de maio e xuño

Oleiros, 5 de maio de 2010-. O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Oleiros queremos informar do comezo das actividades náuticas do programa complementario de Educación Física nos centros de ensino público do municipio. As primeiras xornadas de body-board e kaiak de mar lévanse a cabo ao longo desta semana e as actividades prolongaranse durante todo o mes de maio e xuño. En total participarán aproximadamente 570 alumnos e alumnas en 23 sesións.

O programa complementario de educación física consiste en incorporar nos centros de ensino de secundaria e primaria, actividades complementarias na propia materia de Educación Física, e polo tanto aprobadas polos seus correspondentes consellos escolares. Todas as actividades incluídas neste programa son gratuítas para o alumnado e o Servizo de Deportes facilitaría o servizo de transporte.

A actividade de kaiak de mar e surf/ body-board está dirixida a alumnos de 4º da ESO e realizaranse nas instalacións náuticas municipais da praia de Bastiagueiro. Cada quenda estaría formada por un curso (máximo 25 alumnos), que unha vez na praia se dividiría en dous grupos para distribuír o material. Coñecemento do material, seguridade no mar e técnicas básicas de propulsión nas ondas serán os puntos importantes a tratar en sesión única para cada quenda.

Os obxectivos da actividade son:

-Divulgar actividades deportivas diferentes ás coñecidas como deportes convencionais ou tradicionais.

-Fomentar a práctica de actividades que ofrecen posibilidades de práctica regular dentro do municipio.

-Ampliar os recursos educativos da propia materia de Educación Física nos centros de ensino.

-Crear e dinamizar a poboación xuvenil con coñecemento sobre as actividades municipais, e que poida servir como referente para as futuras ofertas deportivas.

-Adquirir coñecementos e contidos básicos sobre cada unha das actividades propostas, material que se empregará e aprendizaxe das técnicas básicas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza