Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO RESPONSABILIZA A XUNTA DO DÉFICIT DE PRAZAS NAS ESCOLAS INFANTÍS

Oleiros, 3 de maio de 2010-. O Concello de Oleiros responsabiliza a Xunta do déficit de prazas nas escolas infantís do municipio. Estes días rematou o prazo para as solicitudes de prazas nas tres escolas infantís do Concello de Oleiros, nas que houbo un total de 258 solicitudes para unha oferta de 127 prazas. A maior demanda produciuse no rango de idades comprendido entre os 1 e 2 anos de idade. En canto á demanda por centros, a escola infantil A Pardela, situada nos Regos, recibiu 63 solicitudes para 32 vacantes. A escola de Bastiagueiro 106 solicitudes para 47 prazas, mentres que na Canteira presentáronse 89 candidaturas para 48 prazas. Ao longo dos próximos días reunirase o Consello Escolar encargado de avaliar as solicitudes e facer unha proposta para a asignación das prazas, que en última instancia depende do Consorcio.

O Concello de Oleiros lamenta que na actualidade as instalacións da Casa Labarta, que está construída en boas condicións de conservación e xa prestou servizo como escolas unitaria en cursos pasados, non fose adaptada pola Xunta para funcionar como escola infantil para a zona norte do municipio, a pesar de que o Concello así o propuxo ao delegado territorial, Diego Calvo, nunha reunión mantida entre ambas partes hai un ano. A día de hoxe, a Xunta non se dignou a manifestarse nin a favor nin en contar desta proposta do Goberno municipal. Ademais da Casa Labarta, o Concello, acordou ceder outro terreo na parroquia de Nós á Consellería para que esta constrúa unha nova escola infantil na zona sur.

As escolas infantís son unha necesidade para os modelos de familia actuais, onde os dous membros traballan e necesitan de centros deste tipo para o coidado e a formación dos seus fillos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza